Galego - Español - English         

Actualidade


[06-11-2009]
BEATLES & faltriqueira
Homenaxe en Compostela

[21-10-2009]
XACOBEO 09
A programación de actos culturais do próximo ano santo inclúe unha xira de concertos baixo o nome de Xacobeo Raíces, onde participará faltriqueira

[30-09-2009]
Festival Inter Céltico de Lorient
O pracer de compartir música

[01-06-2009]
O día da Muiñeira
faltriqueira as pregoeiras da XXVI edición da A.F.C ORBALLO

[28-05-2009]
voces de ensueño
o crítico Javier de Castro, escribe despois dun concerto de faltriqueira.

Último disco

Con este novo traballo Faltriqueira dá un paso máis ofrecendo un repertorio no que coexisten temas de distintas orixes etnográficos, sen perder de vista as súas propias raíces galegas. Tamén engadiron a súa versión dalgunhas cancións que, de certo xeito, marcaron as súas vidas.

pe_contido_esquerda
puro efffecto

Arranca a tempada


Alén da tradición.

Fusionando polifonías con percusións e instrumentos acústicos.

Con influencias musicais de todo tipo e de calquera lugar.

Con Pascal Gaigne como director musical.

Acompañadas de Jorge Juncal (acordeón), Richi Rozas (guitarra), Alfonso Calvo (contrabaixo), Roi Adrio (percusión).

Actuando en Namibia (África), Bermudas (a illa perdida do Atlántico), Río de Janeiro e Salvador de Bahía (PERCPAN), Berlín e Colonia (POPKHOMM), San Marino, Lisboa (Rock in Río-Portugal), e diversos puntos da Península.

Colaborando con artistas como Kepa Junkera, Oskorri, Hevia, Tejedor, Korrontzi, Víctor Manuel…

E disfrutando do traballo, arroupados sempre por un agradecido público plural.

A causa é a que produce o efecto, o resultado; o motivo, a razón; o ideal que nos une: a música.

O efffecto: o resultado da causa; a impresión persoal e individual que a cada un afecta de xeito diferente.

faltriqueira: un grupo, un conxunto, unha parte dun “todo”. Metonimia musical.

Haberá que probar!



Punto de Partida para '09

 

 

Vestidas de acibeche e adornadas pola flor   da roseira, comezamos a temporada en abril '08.

Partimos de Pontedeume co p de Paca Peca e co p de Polola no estilismo.

 Subimos á palestra coa poética partitura de Pascal Gaigne, e acompañadas das pandeiretas, que poñen o ritmo ás nosas polifonías.



E recibimos o prezado aplauso dun público plural.



 

Na primavera e no verán, por Galicia, facendo escala en Asturies e pasando por Madrid.



En outono, Brasil.


Ó punto O da orixe, ó (0,0) no eixe de coordenadas, que neste caso empeza co T de tradición, sumámoslle 4. E despois 1 e outros 4. E 1 máis.


E tamén engadimos ós incondicionais que nos acompañan sempre.



Entre todos conseguimos ter un ano ben bo.



E volvemos ó p do principio, que permite que participemos do privilexio de poder vivir cada minuto, enchendo de percusión e harmonía os pentagramas da vida, ás veces imposibles, ás veces predecibles, mais sempre sentidos.



Agradecidas, gratificadas, obrigadas, correspondidas, recoñecidas, recompensadas, satisfeitas.



Gracias polo premio da vosa aprobación.





                                                                                                                       Xaneiro-09 



                                                                             (na procura de novos proxectos...)

pe_contido_dereita

© Faltriqueira 2006 - Aviso legal