

Catro voces, catro instrumentos, un enxeño musical empapado de sentimento e cuberto de sensibilidade.
Unha palabra, tres efes, catro corpos; e un; e outra vez catro. Moito corazón…e o resultado: nós.
Unha nova etapa, un novo enfoque; nova perspectiva, nova imaxe; expresión, transmisión, esencia, trascendencia; unha causa, un efecto.
Nós, eles, vós, e a música. 
O que nos une: as diferencias; o que nos alenta: quen escoita; o principio: a tradición; o seguinte a creación; o motivo: a música.
Fala un, falan todos, e todos son un.
Toca unha voz, canta un instrumento; o instrumento é a voz; a voz é o vento, a corda, a madeira, o metal, a pel.
De lonxe, de máis lonxe, de aquí, de calquera parte, pero cara ó mesmo fin.
Un, verde. Dous, azul. Tres, acibache; e como adorno unha flor.
As ansias, a vontade, a intención, forza, maduración…
Pero a mellor palabra é a melodía que sae da alma.
Iso é o que somos: un todo, un conxunto, unha unidade, un efffecto, unha faltriqueira chea de calor.
