Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

A Concellería de Muller cerrou xa o programa de actos previstos para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.
As actividades celebraranse baixo o lema Son muller: é grande ser muller... Celebrando a vida en relación neste Ferrol en feminino .
A cita principal terá lugar no teatro Jofre o 8 de marzo, coa celebración dunha gala na que se fará entrega do primeiro premio Oito de marzo, instituido polo Concello de Ferrol para recoñecer os méritos dunha muller o entidade de calquer ámbito social que traballe en pro da igualdade de xéneros.
Nesta gala a escritora LUCIA ALDAO dará xeito o mensaxe " Celebrar a vida"
FALTRIQUEIRA encherá de música o teatro co seu espectáculo
E rematará coas danzas que brindarán diferentes asoc.de mulleres de ferrolterra
