Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

11-02-2009 faltriqueira viaxa a Catalunya
Venres 17 abril Zaragoza. Nuevo Teatro Arbolé
Sábado 18 abril Lleida. Cafè del Teatre
A Rede Galega de Música ao Vivo estenderase a nove salas catalás en virtude dun acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Institut Catalá de les Indústries Culturais (ICIC).
Este acordo posibilitará que 13 grupos galegos de diferentes estilos musicais actúen en 30 concertos no marco deste primeiro circuíto RGMV-Catalunya, que se desenvolverá de marzo a xuño e de setembro a novembro. O calendario de actuacións inaugurarase o 7 de marzo cos concertos de Samesugas e The Homens, en La 2 de Apolo, en Barcelona. Os responsables dos espazos, membros da Associació de Sales de Concerts de Catalunya, seleccionaron 13 bandas de entre máis de 170 grupos e solistas inscritos. Así, viaxarán a Cataluña 6 PM, A Tuna Rastafari, Faltriqueira, Holywater, Jugoplastika, Lamatumbá, Moon Cresta, Nadadora, Niño y Pistola, Sugar Montain e The Blows.
Nota: La Voz
