Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

30-09-2007 DOA A DOA unha creacción para a TVG
é un programa de televisión de IBISAtv para a TVG pensado para manter viva, tamén na pequena pantalla, a tradición oral galega, esas pequenas historias de vida que moitos de nós coñecemos porque nolas contaron os nosos avós, unha riqueza histórica e documental que se está a perder e que é necesario conservar, pois forma parte da nosa íntima memoria.
A infancia, os xogos, a escola, o primeiro bico, a medicina, a relixión ou a sexualidade son algúns dos temas que se tratan ao longo dos vinte e sete programas de doce minutos nos que os espectadores farán unha viaxe ao pasado para saber como se vivía a finais dos anos vinte, principios dos anos trinta.
O músico Xosé Manuel Seivane, os galeguistas Fernández del Riego, Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo, a pedagoga Antía Cal, o deportista Arsenio Iglesias, a poetisa Mª Carmen Kruckemberg, o bispo Monseñor Cerviño ou o político Gerardo Fernández Albor son algunhas das caras coñecidas que relatan historias da súa infancia e adolescencia, mesturados con campesiños, mariñeiros, mestres, amas de casa, emigrantes ou exiliados.
se queres ollar a cabeceira ou o programa completo.
http://www.crtvg.es/TVG/acarta.asp?prog=257
