Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

30-09-2009 Festival Inter Céltico de Lorient
FALTRIQUEIRA foi este ano, un dos grupos Galegos que tiveron o gusto de participar no Festival Inter Céltico de Lorient.
A banda estivo no país bretón os días 8 e 9 de Agosto, coincidindo estas datas coa fin de semana de clausura do evento.

A riqueza musical e cultural vivida nesas xornadas foi magnífica; pero o que queda máis presente, é a convivencia e a interacción que xurdiu instintivamente con todas as persoas que coincidiron na carpa de Galicia neste verán do 2009, ano que o festival adicou á punta noroeste da Península.
Sempre é un pracer compartir música.
faltriqueira-09
fotos: Pixelín Cunha
